viernes, 28 de octubre de 2016

LITERATURA. EPV. DEBUXO. VARIOS. CONCURSO LETRAS GALEGAS 2017 CARLOS CASARES

Convocatoria do concurso-exposición sobre Carlos Casares Mouriño, autor escollido pola RAG para festexar o Día das Letras Galegas do ano 2017. A unidade didáctica e os carteis que a compoñen darán a coñecer os aspectos máis significativos da vida e obra deste autor así como a situación sociolingüística do momento histórico no que viviu.
O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario