viernes, 11 de noviembre de 2016

Ciencias: VII edición día da Ciencia en Galego



Celebramos a VII edición do día da Ciencia en Galego e, como todos os anos, propoñémosvos unha temática, os legumes, en sintonía coa celebración no 2016 do ano Internacional dos legumes.  Por esa razón, queremos dedicarlle este ano o día aos legumes. Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis. Así, por primeira vez, facemos un cartel que poida reciclarse en obxecto educativo na clase. Esperamos que vos sirva para ese fin.
 
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, ten un mérito nese campo indubidable: considérase o introdutor da xenética non só en Galicia, senón en España.
Tedes referencias e materiais sobre o tema en cienciaengalego.org
 
Exposición: a tradicional exposición de novembro de Igaciencia sobre Ciencia en Lugo non a haberá. Intentámolo por todos os medio, pero, esencialmente, atopámonos cos que consideran que Ciencia non é Cultura-. Así que anunciaremos actividades puntuais como sucedáneo da exposición. En compensación enviaremos algúns carteis de temática xenética como "Orixe galega dos celtas" (non só, como xa é un lugar común, que os galegos sexan celtas). Para que e os poidades imprimir no centro e facer unha mini exposición en cada centro. Enviámosvos, tamén, agora o primeiro cartel desa temática. Os que queirades aínda máis material, inscribídevos en igaciencia.eu
Reinvindicacións: o día da Ciencia en Galego xa ten a súa propia reinvindicación sobre a lingua e a ciencia, pero este ano Igaciencia súmase ás vosas manifestacións contra a LOMCE, as reválidas, o número deficiente de horas de ciencias e tecnoloxía no currículo, a supresión de ciencias para o mundo contemporáneo, e pronunciase a favor da Ciencia como cultura imprescindible. Podemos prescindir de múltiples cousas, pero non podemos prescindir da Ciencia. Pedímosvos que vos animedes a plasmar estas ideas nas vosas webs de centros e en declaracións dos centros para enviar as Deputacións, Consellería de Educación e Cultura e Concellerías de Cultura dos Concellos de Galicia.
E nada máis, esperando que celebredes un feliz samaín cheo de morte da "iñorancia", do obsoleto e caduco e de nacemento da felicidade e nova ciencia galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario